CHARLA INTERXENERACIONAL




Xa rematado o Mes Cultural e antes de recoller a exposición que ilustra o PDI deste curso, o alumnado de EBI (alumnos de entre 70 e nalgúns casos máis de 90 anos) explicaron ao alumnado de 1º de ESO como era a vida dos homes e mulleres que viviron tradicionalmente do mar.

Relatos de grande dureza narrados en 1ª persoa foron escoitados polos pequenos do instituto, que ademais participaron activamente facendo preguntas e compartindo as súas actuais circunstancias con familiares tamén no mar ou lonxe, emigrados.

Comentarios