Charla de Manuel Nuñez Singala


"O AUTOR FALA DA SÚA OBRA: MANUEL NÚÑEZ SINGALA".
Manuel Núñez Singala.

O pasado luns 7 de Maio tivemos a honra de contar coa presencia no noso centro de Manuel Núñez Singala, nunha charla coloquio con alumnado de 2º de ESO. Esta actividade enmarcada  no mes cultural permitiu aos alumnos achegarse á historia real do afundimento do buque Santa Isabel novelada por Núñez Singala na súa obra "Noite de temporal" e os rapaces aproveitaron para facerlles todas as preguntas que lle xurdiron a partires da lectura da obra.

Comentarios