GRUPO NV18: CREANDO CULTURA NONVIOLENTA



Logo do espectáculo CAMBIAR EL MUNDO que se organizou dende a biblioteca o 9 de marzo, formouse un grupo de traballo sobre a nonviolencia no marco da campaña estatal noviolencia2018.

De marzo a xuño reunímonos na hora do xantar para estudar a esencia da cultura e das accións nonviolentas: partimos dos soños e da loita pola xustiza, puxemos en xogo as nosas cualidades, buscamos referentes, traballamos a coherencia sobre todo nos medios para acadar uns fins, analizamos a permanencia e a asunción das implicacións das nosas opcións, e descubrimos o AMOR como a maior forza a disposición da humanidade.

Panel resumo: última reunión

Ao longo destas reunións tamén proxectamos accións que nos permitiron poñer en práctica o aprendido:


➪O día/semana dos abrazos para experimentar conscientemente como nos sentimos cando realizamos ou recibimos un xesto de amor, e para facerllo sentir un pouquiño a TODAS E TODOS!






➪A participación na Semana Acción Mundial pola Educación (SAME) dentro da Campaña Mundial pola Educación xunto cos nosos compañeiros e compañeiras da Rede Solidaria do centro, co que traballamos o diálogo e a colaboración na loita por unha causa xusta.






➪ A Campaña polo BO TRATO, unha acción baseada na imaxe, coa que queremos difundir a importancia de tratarnos o mellor posible todas e todos: profesorado e persoal non docente, alumnado e familias, sen deixar de dicir e facer o que temos que dicir e facer, pero sendo amables, considerados, comprensivos, non devolvendo unha mala resposta ante un mal xesto, e agasallando sorrisos, para que a convivencia sexa posible, para que nos eduquemos e aprendamos máis e mellor e para crear unha cultura de PAZ.

Comentarios