Celebración do día das bibliotecas e Samaín

O venres, 9 de novembro, celebramos o Día das Bibliotecas, o Samaín e o Magosto.

O acto inicióuse coas lecturas compartidas de alumnos de 1º e 2º de ESO que leron un fragmento da Historia Interminable de Michael Ende, en castelán, galego, francés e inglés. Os efectos sonoros que acompañaron á lectura dos textos correron a cargo do alumnado de música, dirixidos por Claudina Maneiro. Finalmente, o profesor David Regueiro e o seu alumnado deleitáronos ao peche da lectura cun fragmento da  banda sonora da película.



O contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou acercóunos a África a través das palabras e do ritmo. Educado na tradición oral, Samuel naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestráis.




CONCURSO CONTOS DE MEDO
Este ano o xurado formado por alumnado de 4º ESO do Equipo de Dinamización da Lingua Galega tivo moitas dificultades para elexir o gañador do concurso de Contos de Medo. Os gañadores foron:

CATEGORÍA A: 1º ESO / 2º ESO

1º PREMIO: Saúl Avilés Caramés (1º ESO A)
2º PREMIO: Iker Martínez Regueira (1º ESO B)
3º PREMIO: Melany Olenka Ballón Soles (2º ESO A)

CATEGORÍA C: BACH. / CICLOS FP

1º PREMIO: Zayra García Rodríguez (1º BACH. C)





Comentarios