Celebración do Día da Paz - 30 de Xaneiro de 2019

O día 30 de Xaneiro, o alumnado da Rede Solidaria cos departamentos de Orientación e Relixión organizaron unha actividade dirixida ás alumnas e alumnos da ESO baixo o lema: "A NOSA META É A PAZ: DERRIBAMOS MUROS PARA CONSTRUIR PONTES"



O alumnado creou un mural que se divide en dúas partes; partimos dun muro elaborado con carteis que reflicten actitudes contrarias á paz e á convivencia (racismo, xenofobia, violencia...), cada un elixe un destes aspectos polo que está disposto a esforzarse en cambialo, entón elimina o cartel axudando así a derribar o muro e,  constrúen unha ponte con actitudes e accións que buscan a paz (tolerancia, empatía, respecto,amor...) pola que eles cren que paga a pena loitar.
Nun momento do acto foron queimados nun cinceiro todos eses prexuizos e actitudes contrarios á paz para expresar o noso desexo de acabar con eles.
Léronse tamén os seguintes poemas:

      ¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.   
      Una vida de armonía
      sobre una tierra dichosa.

      Paz sin fin, paz verdadera.
      Paz que al alba se levante
      y a la noche no se muera.

                              Rafael Alberti 



     Lo grito aquí: ¡Paz! Y lo grito
     llenas de llanto las mejillas.
     ¡Paz, de pie! ¡Paz! ¡Paz, de rodillas! 
     ¡Paz hasta el fin del infinito!     

     No otra palabra, no otro acento
     ni otro temblor en las manos.
     ¡Paz solamente!¡Paz, hermano!
     Amor y paz como sustento.

                              Rafael Alberti


O REINO 

No tempo aquil
cando os animais falaban, decir liberdá non era triste,
decir verdá era como un río,
decir amor,
decir amigo,
era igoal que nomear primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu no se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino?

                                 Celso Emilio Ferreiro

             O acto pechouse coa canción Yo decido vivir en paz.

Comentarios