Mes cultural do  IES Campo de San Alberto

Do Libro ás Letras

Cartel



Programa





Conferencia "Stranger Things" do profesor da USC Antonio Míguez Macho, organizada polo departamento de CCSS, sobre a represión durante a Guerra Civil.




PRESENTACIÓN DA REVISTA “ENTREPONTES”

O venres 3 de maio tivo lugar a presentación da revista do centro, Entrepontes, que recolle os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso pasado.
Este número está dedicado ao mundo do mar, así que os diferentes proxectos de investigación xiraron arredor deste tema. O acto contou coa presencia de mariscadoras, redeiras e outras persoas vinculadas ao mundo do mar, así como coa coordinadora do Plan Proxecta, Educación Patrimonial, da Consellería de Educación, Mariña López.



SERAFÍN MARCOS “ANTONIO FRAGUAS”

O 6 de maio no salón de actos o alumnado de 1º, 2ºESO e FP básica I asistiu a obra de teatro presentada por Serafín Marcos. O actor fixo un percorrido pola vida do artista para coñecer un pouco máis o homenaxeado deste ano das Letras Galegas.









AMANCIO LIÑARES GIRAUT “Antonio Fraguas nas Letras”

Amancio Liñares profesor e catedrático de ensino secundario de Historia e Xeografía presentou o autor homenaxeado a través de varias fotografías insólitas nas que aparecía o propio conferenciante co autor.










SAÍDA Ó TEATRO: “FILLOS DO SOL”
O 10 de maio o alumnado de 3ºESO e 1ºBACH. Asistiu ao teatro para ver esta obra de teatro dirixida por Cándido Pazó  sobre a figura de Eduardo Pondal e a obsesión pola súa obra: Os Eoas.



“CÓNTOCHE UN TRAXE” POR MONTSE RIVERA

O 13 de maio acompañounos Montse Rivera, compoñente do grupo Leilía e directora do Grupo de baile e música Brincadeira.
Aistiron o alumnado de 1ºESO e da EBI. Fíxonos unha pequena introdución sobre a vida de Antón Fraguas resaltando a súa implicación na divulgación do traxe galego.
Con Montse Rivera coñecemos un pouco máis sobre os traxes de cotío e de gala, tanto de muller e de home, o mesmo tempo que nos cantaba unhas coplas.

             

Entrega premios Alberto Romasanta


Comentarios