Aplicación de lectura - Fiction Express


A Biblioteca, a suxestión dos departamentos de Castelán e inglés, dispón dunha interesante ferramenta que che permite acceder a unha plataforma de lectura interactiva.

Nela, cada certo tempo iniciase a publicación de tres libros diferentes, semanalmente e por capítulos. Ti podes decidir o rumbo dos argumentos xa que cos teus votos e por medio dun diálogo creativo co autor avanza a trama.

...E por suposto poderás dispoñer en todo momento dos libros que xa foron creados.

Se che apetece ler e queres facelo durante o verán, ESTA FERRAMENTA SERACHE DE UTILIDADE. Ponte en contacto con nós antes do venres 19 de xuño ás 15:00 horas, no correo: biblio.ies.sanalberto@gmail.com e darémoste de alta para que poidas ler durante o verán.

Aquí dispós dun titorial que che explica con detalle como funciona:


ANÍMATE!!!

Prazo máximo para contactarnos, venres 19 de xuño  ás 15:00 horas


Correo de inscrición: biblio.ies.sanalberto@gmail.com



Comentarios