Dia Internacional das Bibliotecas

 


Desde 1997 cada 24 de outubro celébrase o día das bibiotecas e dos bibliotecarios. Esta iniciativa foi impulsada daquela pola Asociación de Amigos do libro infantil e xuvenil.

Historia do Dia Internacional das Bibliotecas

En 1992, a Biblioteca Nacional de Saraxevo, en plena guerra civil dos Balcáns, foi destruida quedando completamente en ruinas. A fotografía do músico Vedram Smailovic tocando o seu violonchelo en medio das súas ruinas do fermoso edificio dou a volta ao mundo enteiro.






O 24 de Outubro tamén se celebra...

- O Día das Nacións Unidas.
- O Día internacional contra o Cambio Climático.
- O Día Mundial contra a Polio.
- O Dia Mundial da Información sobre o Desenvolvemento.

Nós celebrámolo da mellor maneira, lendo un libro. Aquí vos deixamos este vídeo para facervos partícipes desta lectura compartida dun anaquiño da novela de Marcos Calveiro, “Fontán”.



Comentarios