María Lado no IES CAMPO DE SAN ALBERTO





O martes 4 de maio a poeta ceense María Lado tivo un encontro co alumnado de 1º de bacharelato. Cerca de 90 alumnos e alumnas puideron escoitar a María falando da evolución da súa obra, desde A primeira visión (1997) á última obra, escrita con Lucía Aldao, Ninguén morreu de ler poesía (2020). Puidemos tamén asistir a un recitado de poemas que nos acercou a este xénero, moitas veces mal coñecido.









Comentarios