Certame Literario Alberto Romasanta
LETRAS GALEGAS 2021
IES CAMPO DE SAN ALBERTO - IES VIRXE DO MAR, NOIA
BASES
a.- Poderán concorrer a este certame literario os alumnos e alumnas matriculados/as en calquera dos dous centros educativos no presente curso académico 2020-2021
b.- Establécense tres niveis de participación nas modalidades de RELATO e POESÍA:
- NIVEL 1.-Alumnado 1º e 2º de ESO e ESA 1
- NIVEL2.-Alumnado 3º e 4º de ESO e ESA 2
- NIVEL3.-Alumnado BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS.
c.- En cada nivel concederanse dous premios (que poderán quedar desertos) correspondentes ás modalidades de RELATO e POESÍA. A contía dos premios será de 60 e 30 euros. De estimarse oportuno, o xurado poderá outorgar algún accésit.
d.-Os traballos enviaranse ao enderezo concursocampomar@gmail.com da seguinte maneira:
- No asunto do correo figurará o título do relato/poema
- No contido do correo (corpo) poñerase o nome da/do concursante, curso, clase e INSTITUTO.
- O traballo (sempre con título) enviarase como anexo EN FORMATO PDF. O nome do arquivo ten que conter o título do traballo. NO ANEXO PDF NON FIGURARÁN DATOS PERSOAIS NIN NO NOME DO ARTIGO NIN NO TRABALLO.
- As/os participantes poden resolver as súas dúbidas neste mesmo correo electrónico.
e.- Os traballos estarán escritos en galego e o tema será libre. A extensión do relato será entre 1 e 3 folios (letra 12, dobre espazo) e os poemas terán entre 10-40 versos (un ou varios poemas no mesmo traballo). O mesmo alumnado poderá participar nas dúas modalidades.
f.- Os traballos poderán enviarse ata as 22:00 horas do día 2 de maio.
g.- A entrega dos premios realizarase no IES Campo de San Alberto na semana das Letras Galegas. Está previsto que sexa presencial, sempre que as condicións sanitarias o permitan.
h.- O xurado estará formado por profesorado dos dous centros. A presentación ao Certame, implica a aceptación das devanditas bases.
Gañadores do concurso
Comentarios
Publicar un comentario