"DA BARQUIÑA AO CAMPO DE SAN ALBERTO: FACENDO CAMIÑO"

 "DA BARQUIÑA  AO CAMPO DE SAN ALBERTO: FACENDO CAMIÑO"

Onte, 13 de maio, celebramos a xa tradicional, xornada de acollida ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso que no próximo curso 21/22 fará a súa transición ao Instituto.

O alumnado voluntario na Biblioteca Escolar foi o encargado de abrirlles as portas da nosa "bibliocsa", presentarlles á nosa mascota, convidalos a participar o próximo curso nas actividades e utilizar os espazos e recursos da biblioteca, así como a facer achegas e suxestións que enriquecen a toda a comunidade educativa.






Comentarios