Entrega de premios do certame literario Alberto Romasanta - LETRAS GALEGAS 2021

O venres 14 de maio foi un día cheo de emocións. Como todos os anos, celebrabamos o Día das Letras galegas coa entrega de premios do Certame literario Alberto Romasanta, que celebran, desde hai moitos anos, os dous institutos da vila de Noia. O noso centro tivo a responsabilidade de ser o anfitrión deste acto, nun ano tan difícil. Carlota, Breixo, Judith, Sofía e Mariña conduciron a “gala” marabillosamente, axudados pola música de Iria e María e as proxeccións dos traballos do alumnado de Debuxo artístico. Tiveron un protagonismo especial os poemas de Xela Arias.

Os momentos máis emocionantes viñeron da man das nosas ex-alumnas Iria Ordóñez e Paula Places, así como do momento de peche do acto, no que Ali Brière, a lectora de inglés, nos impresionou co seu magnífico dominio da lingua e a súa reflexión sobre a necesidade (e a lóxica) de falala e mimala.


Presentáronse ao certame máis de 75 traballos dos dous centros. O xurado (profesorado dos dous institutos) tívoo moi difícil!

Estes foron os traballos premiados:


*** NIVEL 1: 1º e 2º de ESO


Poesía


Primeiro premio: Estrela miña de Claudia Lago Ordóñez, 2º A, IES CAMPO DE SAN ALBERTO

Segundo premio: O artista nas sombras de Pedro De la Iglesia López de Prado, 2ºA, IES CAMPO DE SAN ALBERTO



Relato


Primeiro premio: O silencio en poucas palabras, de Malva Abuín Rodríguez 

2ºC, IES VIRXE DO MAR

Segundo premio: Futuro, de Adela  Soutelo, 2ºA, IES VIRXE DO MAR


*** NIVEL 2: 3º e 4º de ESO 


Poesía:


1º premio: Busqueite, escrito por Carlota Alcalde Lourenzo, 3º A, IES CAMPO DE SAN ALBERTO


Relato:

Primeiro premio para Relato dun home infeliz, de Álvaro Rougier Romero, 

3ºB, IES CAMPO DE SAN ALBERTO

Segundo premio para Un día de caza, de Xiana Robado Muñiz, 3ºA, IES VIRXE DO MAR


*** NIVEL 3: bacharelato e ciclos


Poesía: 


Primeiro premio: Sorrisos invisibles (que fan namorar) de Alicia Mariño Domínguez, 1ºB IES CAMPO DE SAN ALBERTO

Segundo premio: Unha decena e dúas unidades, de Lucía de la Iglesia López de Prado, 1ºD IES CAMPO DE SAN ALBERTO


Relato:


Primeiro premio: Espellos,  de Alicia Mariño Domínguez, 1º A IES CAMPO DE SAN ALBERTO


Dous segundos premios:


O globo vermello de José Ángel Lorenzo Blanco 1ºB IES CAMPO DE SAN ALBERTO 

10 segundos, de Lorena Yáñez Pereira  1ºB IES CAMPO DE SAN ALBERTO








Comentarios