30 de xaneiro: Día da Paz e a Nonviolencia

O día 30 de xaneiro celebramos o día escolar da Paz e a Nonviolencia na conmemoración da morte de Gandhi. Esta ano quixemos celebralo especialmente coa posta a disposición dos e das usuarias da biblioteca do cómic "A viaxe de Amanda", no que se recolle a viaxe dunha rapaza pola vida de moitas persoas que loitaron pola xustiza dende a nonviolencia: Martin Luther King, Claudette Colvin, Rosa Parks, Barthi Kumari, Malala, Iqbal Masih, ...., na busca dunha solución para o problema de acoso que sufre Rober, un compañeiro da escola.  Este cómic foi editado pola Campaña NOVIOLENCIA2018, que quere difundir, dar a coñecer a cultura da nonviolencia durante este ano 2018 co gallo da conmemoración dos 50 anos de MLK, dos 100 anos de Mandela, os 25 de César Chavez, 50 da Primavera de Praga, 15 anos da guerra de Liberia, todos personaxes e fitos importantes nas historia da humanidade e da nonviolencia. Aproveitamos tamén para poñer nas mesas as historias dalgún destes personaxes para facelos máis visibles.

Comentarios