8 de marzo: día da Muller

 O 8 de marzo celébrase o día da muller e preténdese con el dar visibilidade á demanda básica de recoñecemento da muller na sociedade: o recoñecemento da valía como persoa, o recoñemento profesional, o recoñecemento do labor non pagado e non visibilizado de coidados, o recoñecemento e o coidado da maternidade e crianza, pero tamén é o marco para reclamar os mesmos dereitos e mesmas oportunidades para todas as persoas, independemente do seu sexo ou xénero: o mesmo salario para o mesmo traballo, a corresponsabilidade nos traballos domésticos e de coidados, o acceso a postos de relevancia pola súa valía, a conciliación familiar e laboral real e efectiva, ...

Este ano convócase ademais unha folga xeral de mulleres na que se faga visible esa aporta que esa metade, moitas veces ignorada, da poboación fai á sociedade en todos os ámbitos.

Dende a biblioteca do CSA quixemos aportar o noso granciño nesta visibilización poñendo nas mesas historias de mulleres, facendo unha selección de libros escritos por mulleres ou sobre a in/visibilización das mulleres e, por suposto, difundindo a convocatoria da folga co lema "SE PARAMOS NÓS, PARA TODO" e os seus motivos.

Comentarios