"Cambiar el Mundo": un espectáculo para a nonviolencia.

O día 9 de marzo, aproveitando tamén o día da muller, organizouse dende a biblioteca o espectáculo "Cambiar el mundo" no que Moisés Mato, da Sala Metáforas, provocou aos noso alumnado para lanzarlles o reto de traballar pola xustiza dende a nonviolencia. Deste espectáculo xurdiu un grupo de traballo sobre o tema que durante varias semanas se formarán na acción e cultura nonviolenta.

Este espectáculo enmárcase na campaña estatal noviolencia2018 que pretende difundir a cultura da nonviolencia neste ano 2018 co gallo das múltiples conmemoracións relativas ao tema que se dan este ano.

Comentarios