"A EDUCACIÓN, O CAMIÑO PARA A PAZ"


O pasado Xoves, 3 de Maio, alumnado de 1º e 2º de ESO e do voluntariado participamos no acto central da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) en Santiago de Compostela.
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que puidemos compartir con outros centros as nosas reflexións e reivindicacións, comprometidos polo Dereito á Educación de todas as nenas e nenos do mundo. Unha educación equitativa, inclusiva e de calidade que ofreza oportunidades de aprendizaxe para todos e todas ao longo de toda a vida.

A PAZ É A PORTA, A CHAVE A EDUCACIÓN
Concentración polo dereito á Educación  en Santiago.

Comentarios