Semana de Acción Mundial pola Educación.


Estamos preparando a nosa participación nesta cita anual da Semana de Acción Mundial pola Educación (http://www.cme-espana.org/).

Reflexionamos sobre a importancia do Dereito a Educación como chave para todos os demais Dereitos das persoas. O lema da campaña este ano "A educación, camiño para a paz" centra a nosa reflexión.
Xuntos coñecemos os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible) e tomamos conciencia da importancia do noso compromiso como cidadáns dun mundo que precisa urxentemente ser transformado para ser verdadeiramente un fogar para todas e  todos.
Precisamos unha educación que nos capacite nunha cultura de paz e non violencia

Comentarios