Debate no IES CAMPO DE SAN ALBERTO

Os luns e venres, de outubro a novembro, tivo lugar unha formación de debate formato BP (British Parlament), un tipo de debate por parellas onde o tema a debater é coñecido só con quince minutos de antelación. O Club de Debate Compostela impartiu este obradoiro, ao que acudiron Lucía, Claudia, Dani e Sergio de 4º, Hugo, Álvaro e Carlota de 1º de bacharelato e Breixo de 2º de bacharelato. Foron sesións moi divertidas nas que aprenderon a argumentar e convencer. 

     



Comentarios